



EN DESEÑO, DESENVOLVEMENTO E COMERCIALIZACIÓN DE
VIDEOXOGOS




Que é?

A quen está dirixido?
OPINIÓN DO ALUMNADO








PROXECTOS DESENVOLVIDOS NO MÁSTER

Quack Time Event
Patologic Games
Xogo de plataformas e quebracabezas en 1ª persoa no que terás que intentar saír dun templo en ruínas empregando os poderes espazo temporais que te concede un deus encerrado nun pato de goma.
Mellor Proxecto Académico en IndieDevDay 2023.
Ver máis

A Bot to the Top
Midnight Coffee
Xogo de plataformas de precisión 2.5D. Controla o decrépito robot no seu ascenso cara á cima, superando obstáculos mentres exploras un misterioso mundo en ruínas.
Mellor videoxogo indie en Lérez Up 2023.
Ver máis

After Juice. Animal Disco Mafia
Virtual Seed
Aventura gráfica con máis azucre que sentido común ambientada en Furrol, cidade universitaria habitada por animais. Tofu, o hámster protagonista debe encontrar o seu amigo Churro, que desapareceu durante unha noite de festa.
Ver máis

Avy, fábulas da noite
Games Pond
Avy, fábulas da noite é un videoxogo de plataformas, quebracabezas e aventuras que conta a historia de Avy, unha nena que debe facer fronte aos seus medos con axuda do seu máis prezado amigo, un peluche co que dorme todas as noites.
Ver máis

RAI
Wood Games
Rai é un videoxogo de plataformas 2D cun deseño único debuxado a man, desenvolto en Unreal Engine. Rai ten unha misión: salvar o mundo antes de que este afunda na auga, pero non será doado...
Ver máis

Last Way
Chimera Games
Last Way é un videoxogo de acción, sixilo e plataformas, de scroll lateral e cunha perspectiva 2.5D ambientado nun futuro distópico. Jax, o protagonista, é un estudante que vive en Cidade Vertical, unha metrópoli onde os edificios dominan toda a paisaxe.
Ver máis

As 8 Virtudes de Lili Bulán
Ember Studio
As 8 Virtudes de Lili Bulan é un videoxogo de aventura e sixilo sobre maxia. Lili Bulan deberá controlar os seus poderes e, así, devolver o equilibrio á natureza.
Ver máis

MÁIS INFORMACIÓN
Encontra aquí información sobre a planificación docente, os horarios, o proceso de admisión, o campus e moito máis.
ITINERARIOS FORMATIVOS
Tendo en conta a diversidade de perfís de ingreso do estudantado, o máster recoméndache tres posibles itinerarios formativos (técnico, artístico e comunicación) deseñados para cubrir as túas preferencias individuais e orientar a túa carreira cara ás necesidades actuais da industria dos videoxogos.
CONTACTA
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Campus Industrial
Rúa Medizábal, S/N
15403 Ferrol, A Coruña
coordinacion.master.videoxogos@udc.gal
+34 881 013 621

