Mestrado en
DESEÑO, DESENVOLVEMENTO E COMERCIALIZACIÓN DE VIDEOXOGOS

Que é o mestrado?

 

É un título oficial que aborda as temáticas necesarias para converterse nun profesional completo e capaz de achegar solucións creativas nunha industria cada vez máis dinámica e necesitada de talento. O mestrado xira ao redor do deseño, o desenvolvemento e a comercialización de videoxogos,  e conta con dúas especialidades en función das necesidades actuais deste sector: Arte e Tecnoloxía para os Videoxogos ou Programación e Aplicacións Avanzadas.

A quen está dirixido?

 

Estes estudos están dirixidos aos estudantes interesados en acceder a un sector con amplas perspectivas de crecemento e desenvolvemento no ámbito laboral.

 

Calquera egresado de Comunicación Audiovisual, Enxeñería Informática, Deseño Industrial, Belas Artes, Administración e Dirección de Empresas, Economía… con interese pola industria do videoxogo, inquietudes internacionais e ganas de ampliar as súas perspectivas laborais ten neste mestrado unha oportunidade única para completar as súas competencias e coñecementos, e converterse así nun profesional que encaixe nas demandas da industria dos videoxogos.

mapa_Pliego triple pagina

Por que estudar o Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos?

Proxecto de futuro

Forma parte dunha das industrias máis atractivas e dinámicas da actualidade

Formación 360º

Aprende todo o relativo á conceptualización, o desenvolvemento e a comercialización de videoxogos

Versatilidade

Destrezas e competencias clave para converterse nun profesional completo

Experience-based learning methodology

Simulacións, obradoiros e traballos prácticos con tecnoloxía real, obradoiros de prototipado práctico, webinars de actos e seminarios do sector etc.

Contacto coa realidade do sector

Aprenderás de casos e exemplos reais, asistirás a conferencias e xornadas relacionadas co sector

Descubre o teu potencial e especialízate

Decide se o teu destino está máis ligado ao ámbito da arte e a tecnoloxía para os videoxogos ou á programación e ao mundo das aplicacións avanzadas

Crea a túa start-up

Presenta ante futuros investidores o desenvolvemento do teu traballo final de mestrado

Ready

Ao finalizar o mestrado terás acceso a prácticas nas principais empresas do sector

Cales son as súas saídas profesionais?

No ámbito da programación

Game developer

Programador

Desenvolvedor de apps

Desenvolvedor das personaxes

No ámbito do deseño e a animación

Level designer, layout…

Game Designer

Animador 3D

Director de arte

No ámbito da enxeñería, os procesos e a industria

Deseñador UX e de monetización

Intelixencia de negocio e analista de datos

Project Manager

Product Manager

Descarga documentos