EN DESEÑO, DESENVOLVEMENTO E COMERCIALIZACIÓN DE

VIDEOXOGOS

O Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos proporciónache as ferramentas necesarias para crecer profesionalmente dentro da industria dos videoxogos, grazas a unha experiencia de aprendizaxe orientada á realidade do sector: formación presencial especializada, metodoloxía práctica, desenvolvemento de proxectos propios da man de expertos, seminarios e talleres con profesionais en activo, prácticas en empresas… Desenvolve o teu potencial e adéntrate nun dos sectores máis atractivos e dinámicos da actualidade.

Que é?

Un título universitario oficial que aborda as temáticas necesarias para que desenvolvas un perfil profesional completo e sexas capaz de achegar solucións creativas nunha industria cada vez máis dinámica e necesitada de talento. O máster xira en torno ao deseño, o desenvolvemento e a comercialización de videoxogos, cun enfoque flexible que che permite adaptar o itinerario en función do teu perfil, as túas preferencias e das necesidades actuais deste sector: Arte e Tecnoloxía para os Videoxogos ou Programación e Aplicacións Avanzadas.
Logotipo Academic Partner Unreal Engine

A quen está dirixido?

Este máster está dirixido a persoas graduadas en Comunicación Audiovisual, Enxeñería Informática, Deseño Industrial, Belas Artes, Economía… con interese pola industria do videoxogo, inquietudes internacionais e gana de adentrarse nun sector con amplas perspectivas de crecemento e desenvolvemento no ámbito laboral.

OPINIÓN DO ALUMNADO

PROXECTOS DESENVOLVIDOS NO MÁSTER

MÁIS INFORMACIÓN

Encontra aquí información sobre a planificación docente, os horarios, o proceso de admisión, o campus e moito máis.

ITINERARIOS FORMATIVOS

Tendo en conta a diversidade de perfís de ingreso do estudantado, o máster recoméndache tres posibles itinerarios formativos (técnico, artístico e comunicación) deseñados para cubrir as túas preferencias individuais e orientar a túa carreira cara ás necesidades actuais da industria dos videoxogos.

LOCALIZA

ESPAÑA (SPAIN)

Galicia

A Coruña

Ferrol

CONTACTA

Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol

Campus Industrial

Rúa Medizábal, S/N

15403 Ferrol, A Coruña

coordinacion.master.videoxogos@udc.gal

+34 881 013 621